oficio en extinción

sabado 01 outubro 2011

¿Quen pode calibrar o tempo que perdurarán vixentes os procesos sustractivos na escultura contemporánea? Nesta era postmoderna que nos toca lidar coa complexa e efímera arquitectura da (in)comunicación virtual toda aposta pola transgresión semella automaticamente ningunear as técnicas e procesos máis complexos que se deron na historia universal das artes.
O labrado con aceiro en materiais minerais-vexetais conserva aínda hoxe, e sendo xa máis que unha mera técnica ou disciplina toda unha arraigada e enrocada tradición, o valor, a aposta decidida e a recompensa estética do "xa non hai volta atrás".

aínda como con coitelo e garfo, aínda pinto con óleo sobre lenzo e aínda labro con aceiro sobre mármore

mércores 28 setembro 2011

parafraseando ó G.Rigtcher